domingo, 19 de marzo de 2017

Trasno do sorriso

Agasalléi meus sentidos
co eco da sua risa
nos seus ollos o agarimo
de quen respira sen prexuizo

agochado na procura dalgún soño
disposto a aperta infinita
pois nos bosques do asfalto e pedra
a tenrura é un delito
a ledicia unha migalla

os beizos non prestan bicos

máis meu trasno do sorriso
debuxa na súa pel
algúns segredos das fadas

e entre o sol e a lúa

xoga descubrindo a saltos
almas sinxelas como a súa








BLo (Santiago de Compostela)


A: M.R.C.



Agasallar: Regalar
Agarimo:  Afecto, cariño
Agochado: Escondido
Ledicia: Alegría
Migalla: Migaja
Beizos: Labios
Segredos: Secretos




No hay comentarios:

Publicar un comentario