domingo, 10 de septiembre de 2017

Levo a vida

Lévome a pedra que supura vida
Levo a pena
Levo a risa
Lévome os barcos,
Levo Muros na retina
Levo unha morea e ansias dos versos
Levo  cabo Home e a súa brisa
Levo  Portonovo escrito na pel
Lévome as voces
Levo as poetisas
Levo algún engano
Levo a xanela con vistas o amor non acontecido
Levo as miñas guerreiras conmigo
Levo liberdade
Levo o aloumiño
Lévome fortes apertas e agarimos
Levo o corazón da árbore moi dentro
Levo Jazz en branco e negro
Levo a sorte no meu peito
Lévome dos seus beizos o sorriso
Lévome seus ollos
Levo os pes espidos...

Ao final deste verso, nacemos setembro


BLo
blo2013blo.blogspot.com
Serendiverso


No hay comentarios:

Publicar un comentario